Publicacións

A princesa do Caurel

Imaxe
Ola comunidade lingoreteirana! Aínda que xa estamos de vacacións, aparecemos por aquí porque temos unha nova marabillosa!  Hoxe saeu a resolución dos premios as curtas de animación Nós tamén creamos! e concedéronnos un accésit. Aproveitamos esta ocación para deixarvos por aquí a curta e agradecervos a vosa asistencia as distintas proxeccións que se realizaron no centro. Estamos moi contentas co accésit, pero o mellor agasallo foi todo o voso apoio e palabras de alento. Non queremos despedirnos sen felicitar ao alumnado de 2º polo seu incrible traballo: Sira, Adrián, Mateo, Daniela, Álex, Nara, Marta, Carolina, Bruno, Carlotta, Luca, Brais, Anxo, Ana, José, Osckar, Amelia, Daniel, Lara, Thiago, Izan, Rober, Giulia, Thiago, Laura, Alba, Nathalia, Aroa, Fernando, Nuria, Luciana, Lucas, Santino, Bran e Aitor... moitísimos parabéns! Que este sexa o primeiro paso dunha traxectoria chea de lingua e cultura! Agora si, moi feliz verán!

A Voz do Canicouva

 Extra! Extra! Xa está aquí o número 1 do noso xornal de centro: A Voz do Canicouva. Este curso, o equipo de dinamización da lingua galega en colaboración co equipo de biblioteca, decidiu substituír a nosa fermosa revista por un xornal, para así traballar o formato papel na Semana da Prensa. Cada clase elaborou unha serie de artigos sobre as actividades realizadas no presente curso, e o alumnado de educación infantil foi o encargado de pór a nota de cor cos seus orixinais anuncios ofrecendo todo tipo de produtos e servizos. Esperamos que desfrutedes do contido tanto coma nós. E se che gusta, podes descargar o teu exemplar aquí mesmo. A voz do Canicouva de Sabela

As nosas letras!

Imaxe
Olaaa familia lingoreteirana! Xa estamos en maio, no mes das letras, das nosas benqueridas letras! Para celebralas, no centro anotámonos ao reto #queveñenasletras, onde ata o 17 de maio, cada día se sube un libro en galego. O obxectivo é encher este mes as redes sociais co bo traballo das nosas autoras e tradutores. Animámosvos desde aquí a participar, non fai falla participar todos os días, só aqueles que teñades un libro que desexedes compartir. O reto finaliza o 17 de maio, o día das Letras Galegas, que se recordades ben se celebra este día en honra da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Este ano, o día das Letras Galegas homenaxéase a Francisco Fernández del Riego, que por certo! Sabíades que foi un dos autores que no seu día propuxo a celebración das Letras Galegas? Francisco ten unha ampla traxectoria intelectual, política e artística e é o responsable da creación da editorial Galaxia que seguro que vós soa a moitas de vós! Para que vos acheguedes a súa

Feliz Día do Libro!

Moi feliz Día do Libro! Hoxe é un día moi especial, de festexo, porque chegou o Día do Libro. Este celébrase o 23 de abril, data que escolleu a UNESCO   pola data de falecemento de autores como Shakespeare e Cervantes. Para celebrar o Día do Libro realízanse actividades moi diversas   nas distintas cidades do mundo, organizadas por institucións como Concellos, librarías, bibliotecas, asociacións de veciñanza, etc. No noso país ademais, temos a tradición de Cataluña, onde o Día do Libro coincide con Sant Jordi e celébrano agasallando unha rosa e un libro a un ser querido. Seguro que isto da rosa xa vos soa de algo... e é que pouco a pouco esta tradición comeza a estenderse a outros puntos da península. Para celebrar por aquí o Día do Libro deixámosvos un texto moi que o autor grego Vagelis Iliopoulos redactou para o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se cebera o 2 de abril. E é que abril é sen dúbida o mes do libro!   Eu son un libro. Ti es un libro. Todos so

Ay Deus se sab'ora meu amado!

Imaxe
  O tema de Wöyza , a cantante de soul e hip-hop galega, co grupo The Galician Messengers é unha adaptación dunha cantiga de Martín Codax que como outras del, chegaron ata os nosos días. É por que vimos hoxe a falar de Martín Codax? Pois porque o pasado 1 de abril celebrouse o Día das Artes Galegas e este ano dedicouse a súa figura. Martín Codax foi un trobador galego que viviu na Idade Media (entre o ano 1200 e 1300). Os trobadores eran poetas medievais que na época se dedicaban a compoñer cantigas para que os xograres entretivesen ao seu público recitando pezas, tocando instrumentos e facendo distintos xogos. Pese a que o nome de Martín Codax é ben coñecido en Galicia, dándolle nome a unhas afamadas bodegas así como a uns importantes premios musicais, o certo é que o paso do tempo e a pouquísima información que chegou ata os nosos días, fai que as incertezas en torno á Martín Codax sexan maiores que  as evidencias, existindo dúbida

A nosa artista: Nuria Calviño

Ola xentiña lingoreteirana! Hoxe pasamos por aquí para amosarvos o incrible traballo que realizou o noso alumnado como parte dunha actividade artellada polo equipo EACE do noso centro. Esta enmarcouse dentro das actividades realizadas polo 8M en liña co noso proxecto: as artes plásticas, traballando en torno a unha pintura da nosa artista Nuria Calviño. Nuria é mestra de audición e linguaxe, membro do noso equipo de dinamización de lingua galega (lingoreteira de alma) e unha apaixonada da arte. Entre outras moitas cousas debuxa figuras femininas e desfruta empregando diversas técnicas, que ao longo dunha semana achegou ao alumnado con moita paciencia e cariño. Podedes velo con son no Instagram do centro. Graciñas Nuria pola túa dedicación! Esperemos que vos guste o resultado final tanto como a nós!

O xenio e o seu contexto

Imaxe
Queridas lingoreteiras e lingoreteiros! Onte foi 8M, un día non de celebración senón de análise e reflexión sobre o espazo que ocupamos as mulleres nas distintas esferas da sociedade. Un día para alzar a nosa voz.  Como sabedes, este ano o proxecto do centro son as artes plásticas, polo que nos pareceu moi interesante reflexionar tamén sobre a relación que as mulleres mantivemos coa arte e quenes son os artistas que estudamos e admiramos ben no cole ou ben fóra del.  Así que vos propoñemos un reto: collede lapis e papel e anotade nel todos os nomes que se vos ocorran de grandes artistas cunha carreira profesional chea de éxitos e recoñecemento, que estudáchedes na escola ou visitáchedes nun museo.   E agora vén a pregunta: de toda esa listaxe, cantas son mulleres? Aventurámonos a dicir que ben poucas, xa que a día de hoxe todos coñecemos o papel da muller ao longo da historia, relegadas ao coidado e afastadas da súa realización profesional.  Pero non só iso, senón que tamén nos parece