Feliz Día do Libro!
Moi feliz Día do Libro!
Hoxe é un día moi especial, de festexo, porque
chegou o Día do Libro. Este celébrase o 23 de abril, data que escolleu a UNESCO
pola data de falecemento de autores como
Shakespeare e Cervantes.
Para celebrar o Día do Libro realízanse
actividades moi diversas nas distintas
cidades do mundo, organizadas por institucións como Concellos, librarías,
bibliotecas, asociacións de veciñanza, etc. No noso país ademais, temos a
tradición de Cataluña, onde o Día do Libro coincide con Sant Jordi e celébrano agasallando
unha rosa e un libro a un ser querido. Seguro que isto da rosa xa vos soa de
algo... e é que pouco a pouco esta tradición comeza a estenderse a outros
puntos da península.
Para celebrar por aquí o Día do Libro
deixámosvos un texto moi que o autor grego Vagelis Iliopoulos redactou para o
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se cebera o 2 de abril. E é
que abril é sen dúbida o mes do libro!
Ti es un libro.
Todos somos libros.
A historia que conto é a miña alma
e cada libro ten a súa propia.
Se cadra non nos parecemos en nada
–hainos grandes, hainos pequenos,
hainos coloridos, outros en branco e negro,
hainos moi finos e outros moi grosos.
As nosas historias serán diferentes ou
semellantes:
velaquí a nosa beleza.
Que aburrido se todos fósemos iguais!
Cada un de nós é único.
E merece ser respectado,
ser lido sen prexuízos,
ter o seu espazo, o seu andel.
Pode que constrúas unha opinión sobre min.
Pode que elixas cuestionar ou comentar o que
les.
Pode que me devolvas á biblioteca,
ou talvez queiras terme preto na túa viaxe.
Pero xamais permitas que me tiren
nin que me manden cambiar de andel.
Non pidas nunca que me destrúan, nin deixes
que outros o fagan.
E se un libro vai onda ti desde outro andel,
porque alguén ou algo o empurrase a iso,
faille un oco.
Ao teu lado, cabe.
Trata de sentir como se sente.
Compréndeo. Protéxeo.
Quizais esteas mañá na súa situación.
Pois ti tamén es un libro.
Todos somos libros.
Veña, dío moi alto para que se oia ben:
“Son un libro, leme”
Feliz Día do Libro e moi especialmente,
felices lecturas!
Comentarios
Publicar un comentario