As nosas letras!
Olaaa familia lingoreteirana! Xa estamos en
maio, no mes das letras, das nosas benqueridas letras! Para celebralas, no
centro anotámonos ao reto #queveñenasletras, onde ata o 17 de maio, cada día se
sube un libro en galego. O obxectivo é encher este mes as redes sociais co bo
traballo das nosas autoras e tradutores. Animámosvos desde aquí a participar,
non fai falla participar todos os días, só aqueles que teñades un libro que
desexedes compartir.
O reto finaliza o 17 de maio, o día das Letras
Galegas, que se recordades ben se celebra este día en honra da publicación de Cantares
Gallegos de Rosalía de Castro.
Este ano, o día das Letras Galegas homenaxéase
a Francisco Fernández del Riego, que por certo! Sabíades que foi un dos autores
que no seu día propuxo a celebración das Letras Galegas? Francisco ten unha
ampla traxectoria intelectual, política e artística e é o responsable da
creación da editorial Galaxia que seguro que vós soa a moitas de vós!
Para que vos acheguedes a súa vida e obra,
deixámosvos un vídeo feito polo alumnado do Colexio San Pío X, que ano tras ano
elaboran un vídeo sobre o autor ou autora homenaxeada.
Xa para rematar, deixámosvos un enlace directo ao Seminario Galán, onde se recollen distintas actividades sobre a vida e obra de Franciso (en papel e dixital) organizadas por etapa e ciclo.
E feliz mes das letras!
Comentarios
Publicar un comentario