A nosa artista: Nuria Calviño
Ola xentiña lingoreteirana!
Hoxe pasamos por aquí para amosarvos o
incrible traballo que realizou o noso alumnado como parte dunha actividade artellada
polo equipo EACE do noso centro. Esta enmarcouse dentro das actividades
realizadas polo 8M en liña co noso proxecto: as artes plásticas, traballando en torno a
unha pintura da nosa artista Nuria Calviño. Nuria é mestra de audición e linguaxe,
membro do noso equipo de dinamización de lingua galega (lingoreteira de alma) e unha apaixonada da arte.
Entre outras moitas cousas debuxa figuras femininas e desfruta empregando
diversas técnicas, que ao longo dunha semana achegou ao alumnado con moita paciencia e cariño.
Graciñas Nuria pola túa dedicación! Esperemos
que vos guste o resultado final tanto como a nós!
Comentarios
Publicar un comentario