Premios Tintubro

Ola Lingoreteir@s! Que tal estades? Esperamos que moi felices tras o día de hoxe. E é que no cole tivemos unha xornada moi especial posto que celebramos o ansiado Magosto tras ser aprazado polas inclemencias meteorolóxicas. Pero ao fin, o tempo acompañounos e puidemos desfrutar dunha solleira mañá en moi boa compaña. A xornada comezou cunha rolda de xogos tradicionais onde os distintos grupos capitaneados polo alumnado de 6º curso puideron gozar de xogos como a rá, a chave, a peseta... entre moitos outros. E por suposto, non podían faltar as castañas! Así que moitas grazas a todas as familias polas vosas aportacións e ao equipo que se encargou de asalas! Máis de unha repetiu unha vez, e outra, e outra... Pero ademais de celebrar o Magosto, tamén aproveitamos o día de festiña para entregar os premios #Tintubro! Uns libros elixidos con moito agarimo acompañados duns marcapáxinas par que desfrutedes da lectura en galego! Parabéns unha vez máis as persoas gañadoras e a todas as participantes polo nivel do concurso! Artistas quédavos curto! Deixamos por aquí unhas fotos do momento:
Nada máis Lingoreteir@s! Desfrutade moito da fin de semana e dos Magostos da cidade!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Apalpador

TINTUBRO

A visita do Apalpador