As vosas participacións!

 

Olaaaaa artistas do Canicouva! Parece que o reto do #Tintubro tivo moito éxito e vos pasachedes o mes enteiro dándolle ao coco (que non facendo de cocos). Para que poidades desfrutar das creacións das compañeiras e compañeiros de outras clases, imos deixarvos por aquí unha recompilación das participacións, que se irá actualizando ao longo da semana.


E agora, o que máis vos interesa, os premios! Estade ben atentos porque este venres 28 publicaremos por aquí as gañadoras e gañadores. Tamén poderedes ver os debuxos seleccionados no taboleiro que se atopa ao lado de Secretaría! A entrega de premios será o día que celebremos o Magosto no centro. Moita sorte a tod@s!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Apalpador

TINTUBRO

A visita do Apalpador