Moi feliz Candeloria lingoreteiras e lingoreteiros! Hoxe é 2 de febreiro, o día da Candeloria ou a festa das candeas. Sóavos de algo? Seguramente non, pero para iso estamos por aquí, para contárvolo! Durante moito tempo, tratouse dunha data moi importante en distintas culturas porque coincide coa metade do inverno, o que significa que só queda medio inverno máis para chegar á primavera. Por este mesmo motivo, constituía un día sinalado nos ciclos naturais, e pobos coma o romano ou o celta celebrábano con moita alegría. Trátase dunha época na que, pese a non ser aínda primavera, comezan a percibirse cambios na contorna: as árbores e plantas comezan a amosar os seus primeiros xermolos e os paxaros buscan parella e preparan as súas longas viaxes migratorias. Así pois, na mitoloxía celta durante estas datas celebraban o Imbolc que é un dos seus catro principais festivais. O Imbolc constituía unha festa de luz, de acordo co feito de que o inverno comeza a abrir e os días comeza...
Queridos Lingoreteir@s! Como ben sabedes, esta semana tivemos unha visita moi especial no cole, a do Apalpador. Esta entrañable personalidade chegou ao Canicouva directa do Courel, directa en autobús... que vén sendo similar a chegar a pé. Para todas aquelas persoas que non asistichedes ao cole o martes, deixámosvos por aquí unhas fotiños que son a proba fidedigna de que o Pandigueiro visitou o Canicouva. Como podedes imaxinar, a ruta foi longa e o Apalpador xa padece algúns dos achaques propios da idade. Emporiso, a fatiga non lle resta nin unha chisca de ledicia e as alí presentes puidemos desfrutar da súa grata compaña. E por iso decidimos escribirlle unha carta. Desta vez non para pedirlle nada, senón de agradecemento, porque non vai ser todo pedir. Aquí vola deixamos. Carta ao Apalpador Xa para finalizar, gustaríanos deixarvos unhas recomendacións que nos dou o Apalpador para que poidamos desfrutar da nosa lingua e cultura nestas datas tan especiais. Your browser does n...
Comentarios
Publicar un comentario