A visita do Apalpador

Queridos Lingoreteir@s! Como ben sabedes, esta semana tivemos unha visita moi especial no cole, a do Apalpador. Esta entrañable personalidade chegou ao Canicouva directa do Courel, directa en autobús... que vén sendo similar a chegar a pé. Para todas aquelas persoas que non asistichedes ao cole o martes, deixámosvos por aquí unhas fotiños que son a proba fidedigna de que o Pandigueiro visitou o Canicouva.
Como podedes imaxinar, a ruta foi longa e o Apalpador xa padece algúns dos achaques propios da idade. Emporiso, a fatiga non lle resta nin unha chisca de ledicia e as alí presentes puidemos desfrutar da súa grata compaña. E por iso decidimos escribirlle unha carta. Desta vez non para pedirlle nada, senón de agradecemento, porque non vai ser todo pedir. Aquí vola deixamos.
Carta ao Apalpador Xa para finalizar, gustaríanos deixarvos unhas recomendacións que nos dou o Apalpador para que poidamos desfrutar da nosa lingua e cultura nestas datas tan especiais.
*Se tedes dificultades para visualizar a programación da sala Ártika, podedes vela aquí.
E agora si que si, despedímonos por unha pequena tempada. Desexámosvos a todas e todos vós, unhas moi felices vacacións, cheas de momentos compartidos. Gozade moito dos doces, dos agasallos... pero sobre todo da compaña que fará que estas datas sexan tan especiais. E de vez en cando, dádelle un agarimo a nosa lingua! Bo Nadal comunidade lingoreteira! Bo Nadal queridiño Apalpador!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Voz do Canicouva

TINTUBRO