Feliz Entroido!
Queridísima comunidade lingoreteira! Moi feliz
Entroido, Antroido, Entruido, Introido, Entrudo... ou como ben lle chamedes! E
é que en Galicia temos 15 variantes distintas para referise a esta celebración
que tanto desfrutamos ao longo e ancho de todo o territorio galego. Porque do
mesmo xeito que existe un feixe de palabras para referise a dita festa popular,
existe outro feixe de formas de celebrala, cada unha delas cos seus traxes e
máscaras características: os peliqueiros, os cigarróns, os volantes, os boteiros,
as pantallas... e por suposto os nosos merdeiros! Todas estas figuras e
algunhas máis recollidas na pedagóxica lámina da ilustradora Abi Castillo. Para as que sexades máis de
fotografía, o ourensano Tono Arias recolle en Encarnados toda a tradición
galega e que condensa na súa curta documental que podedes desfrutar aquí.
E da man do alumnado de 6º de Infantil no
Canicouva tamén desfrutamos de toda a tradición, concretamente da dos cigarróns
que fusionaron o popular co proxecto artístico do centro deseñando as máscaras
coa estétita de Piet Mondrian. Deixámosvolas por aquí e animámosvos a percorrer
as rúas en busca das máscaras máis orixinais!
Feliz Entroido!
Comentarios
Publicar un comentario