Benvidas e benvidos á nova bitároca Lingoreteir@s!

Este curso estreamos unha nova bitácora de Lingoreteir@s, e queremos dárvola benvida e aproveitar para animarvos a empregar moito a lingua galega!

Ademais, para que non perdades pista do contido anterior, aquí, na marxe esquerda, atoparedes entre os enlaces de interese a antiga bitácora, para poder acceder de xeito directo: http://revistascanicouva.blogspot.com/

Tamén vos deixamos un acceso directo ao Instagram do cole, onde subiremos aquelas actividades culturais alleas ao centro que pensamos que poden ser do voso interese, para que así desfrutedes tamén do galego fóra da escola. Subirémolas a través de historias e deixarémolas na sección "Destacados" para que poidades acceder a axenda cultural en calquera momento.

Por último, como esta bitácora nace na estación das cabaciñas e das castañas, deixámosvos unha canción por aquí para celebrar o outono e as súas fermosas cores!


Ata pronto lingoreteiras!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Voz do Canicouva

A visita do Apalpador

O Apalpador